domingo, 3 de julio de 2011

Fin de tempada

Bueno pois como todo o que comeza, esta tempada tamén xa rematou. Desexarvos a todos/as un bo verán e darvos as grazas pola gran despedida.A ver si vos acordades de mandarme as fotos por correo. Unha aperta forte e espero que teñades ganas de volver en setembro!!!

Deixovos un video interesante de paso:




martes, 21 de junio de 2011

AVISO

En primeiro lugar felicitarvos a todos/as polo torneo e a churrascada, que fixeron do venres un boa tarde de despedida. Por outra parte dicirvos que a clase deste xoves mudouse para o mércores á hora de sempre polo tema de san xoan.

Para acompañar a nova, deixovos un vídeo dun peleón (algúns din que o mellor dos últimos 20 anos, eu non me atrevo a dicir tanto).

jueves, 16 de junio de 2011

TORNEO!!!

Pois ben para finalizar a tempada, maña venres torneo e churrascada!!! Para os participantes deixovos uns videos para motivarse jejeje.



viernes, 29 de abril de 2011

Manny Pacquiao vs Shane Mosley

O próximo sábado día 7 de Maio, terá lugar este esperado combate e vai ser retrasmitido por Marca TV. Ahí vos queda o vídeo promocional do combate:

jueves, 14 de abril de 2011

Campionato de España Superwelter


A taquilla abre ás 21.00, para os que queirades ir con tempo e asegurarse de collela. Se me avisades antes do adestramento de hoxe podovos ir collendo algunhas.

martes, 5 de abril de 2011

Exercizos de sombra

O último día realizamos como parte do quecemento un par de asaltos de sombra. Como vin que algún non os tomaba moi en serio, deixovos un par de videos de boxeadores coñecidos por todos que ven de maneira clara a importancia deste exercicio para aprender a moverse, coller soltura nas combinacións, controlar os desprazamentos...





viernes, 25 de marzo de 2011

Perry "Dynamite" Ubeda

Como non, outro gran loitador da escola holandesa. Perry Ubeda varias veces campión do mundo en distintas disciplinas como Kick-boxing, Full contact, Muay Thai ou Taekwondo. Deixovos este vídeo onde poderedes atopar un gran repertorio de golpes deste excepcional loitador.



Espero que vos guste. Lembradevos que a cea quedou para o día 02 de abril.

viernes, 4 de marzo de 2011

Andy Souwer

Seguindo ca gran escola holandesa, ahí vos deixo un video de andy souwer, un loitador de K-1 que me parece moi completo. Un saúdo

martes, 22 de febrero de 2011

Remy Bonjasky

Como podedes ver, engadín unha serie de ligazóns que vos poden interesar con webs de material, información e a da Federación galega.

Facía tempo que non actualizaba o blog e para volver á carga, deixovos dous video seguindo ca Escola Holandesa, neste caso Remy Bonjasky, un é de mellores momentos e outro de adestramento. Espero que vos guste. Fixadevos nos exercicios de paos(no comezo do video)a colocación das mans nas patadas, o xiro dos pes e a superficie ca que impacta.



Adestramento:

lunes, 17 de enero de 2011

Low-kicks

Xa que estamos comezando cas low-kicks, aquí vos deixo este vídeo de Ernesto Hoost, Holandés que destacaba pola súa gran técnica en xeral e polas súas low-kicks en concreto.

lunes, 10 de enero de 2011

Cesar Córdoba

Para quen non coñeza a este gran loitador de K-1, Muay Thai e Kick Boxing, aquí tedes o seguinte video. Espero que vos guste.Non estou seguro se este é o seu palmarés actual, pero ata comezos do 2010 tiña os seguintes títulos:
2 veces campión do mundo de Muay Thai.
3 veces campión de europa de Muay Thai.
Campión de españa de Muay Thai.
Campión de españa de Full Contact.
Campión de españa de Kick Boxing.
Campión de españa de Boxeo amateur.

sábado, 1 de enero de 2011