miércoles, 22 de diciembre de 2010

Dieselnoi

Levo tempo sen actualizar isto debido á falta de tempo. Volvo á carga cun video a recomendación de Rafa sobre o mítico loitador de Muay Thai chamado "Dieselnoi" o cal se retirou ós 23 anos, como campión, por falta de adversarios. Era temido polos seus rodillazos. Ahí queda iso:

martes, 7 de diciembre de 2010

Manolo Planas

Para quen non coñeza ó mítico púxil nacido en Madrid, pero afincado en Coruña dende moi xoven, aquí vos queda este video do 5 veces campión do mundo de Kick-Boxing.

domingo, 21 de noviembre de 2010

Kick Boxing e modalidades semellantes ou relacionadas

Existe unha gran variedade de deportes de combate, pero para que teñades unha pequena información extra, deixovos uns videos de distintas modalidades relacionadas ou semellantes ó Kick Boxing.

Full Contact: Disciplina americana, (tamén chamado boxeo americano) moi semellante ó Kick Boxing, a principal diferencia é que no full contact só está permitido pegar de cintura para arriba. Deixovos un video dun bo competidor Ourensán e actual adestrador chamado Manuel Miguez.



Muay Thai: Disciplina de orixe tailandes, na que a parte dos golpes de puños e patadas tamén se permiten codazos e rodillazos. Deixovos un video do gran loitador holandés Ramon Dekkers.



K-1: Torneo que se organiza en Xapón, onde acuden loitadores de distintas disciplinas a competir baixo unhas reglas comúns nas que se permiten puñetazos, patadas e rodillazos. Este campionato é retransmitido a miúdo pola cadea Eurosport, no programa "Fightclub" Deixovos un video do ídolo local "Masato".



"Sanda" ou "San-Shou": Disciplina de orixe chino, é a modalidade de combate dentro do Wu-Shu, permitense puñetazos, patadas e proxeccións. Pódese atopar polo youtube interesantes combates da selección china de Sanda contra a Tailandesa de Muay Thai. Deixovos un video do campionato do mundo de 2003:



Savate: Tamén coñecido como boxeo francés, é unha disciplina francesa onde se permiten puñetazos e patadas, pero non se pode golpear ca tibia, nin ca rodilla, todo cos pés.



Espero que vos guste, ata o lúns, ás 22.00 no polideportivo de Limeisa. Un saúdo.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Aviso. Clase do xoves 18/11/2010

A clase realizaráse xa no Pavillón de Limeisa, traede tamén zapatillas de deportes se pode ser. Decidello a quen podades. Un saúdo

viernes, 12 de noviembre de 2010

NOVO AVISO IMPORTANTE!!

Comunicáronme que a vindeira clase do día 13 de Novembro realizarase no museo do moucho xa que no pavillón aínda non hai tatami. Decidello a quen podades.

jueves, 11 de noviembre de 2010

4ª Clase (13/11/2010)

Nesta última sesión rematamos ca técnica básica de boxeo e o que resta deste mes, dedicaremos as sesións a afianzala. En decembro comezaremos xa a meter a técnica de pernas, polo que de aquí a decembro habrá que conseguir unhas espinilleras. A vindeira semana facilitareivos unha folla onde poderedes ver distintos prezos e despois vos xa tomades a decisión sobre onde mercar.

Deixovos 2 videos, un de Rob kaman de novo, onde repasa os golpes de boxeo e outro do boxeador filipino Manny Pacquiao "Pacman", para que teñades unha referencia, por si algún está interesado, este sábado ás 00.00h. en MarcaTV retransmiten un combate seu onde disputa o peso Superwelter frente a Antonio Margarito. Pacquiao está considerado por moitos o mellor boxeador da historia por conseguir 6 títulos mundiais en diferentes categorías de peso.




miércoles, 10 de noviembre de 2010

AVISO IMPORTANTE!!

Decirvos que a vindeira clase, día 13 de novembro, realizarase xa no pavillón deportivo de 11.00 a 13.00h. Decirvos tamén que a vindeira semana xa comezaremos cas clases de Luns e Xoves de 22.00 a 23.30h e sábados de 11.30 a 13.00h. Este sábado pasarei unha folla para anotar quenes virán 2 días á semana ou os 3 días. Os prezos serán:
10€/mes: 3 días semanais de 1 hora e media.
6€/mes: 2 días semanais de 1 hora e media.
* Dado que este mes comezamos con este horario dende o 15/10/2010 o prezo será a metade.

Por último decirvos que xa recibín os guantes pedidos e o próximo día xa os teredes.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

3ª Clase (30/10/2010)

Nesta 3ª clase continuamos co aprendizaxe dos golpes básicos de boxeo, onde coñecimos o crochet(depende dos sitio, tamén se chama swing ou hook). Tamén continuamos ca técnica defensiva, neste caso coñecimos as "esquivas laterais"(mediante inclinación lateral da cabeza).
A continuación deixovos uns videos sobre defensa e as esquivas, xa que ata agora todos foron de golpes básicos. O primeiro podremos ver boas imaxes de esquivas, aínda que algunha se faga hacia o lado incorrecto, hai que ter en conta que estás técnicas é complicado facelas á perfección en combate e o único obxectivo neste é non ser golpeado, realicense mellor ou peor. En canto ó segundo, é un video curioso dun boxeador que destacaba polo seu espectaculo, un boxeador zurdo particular que non utilizaba practicamente posición de garda e que en concreto realizaba moitisimas esquivas debido á boa mobilidade de cadeira que tiña. Como veredes era un bo personaxe e un provocador, fixo 36 combates , ganou os 35 primeiros e en canto perdeu o número 36 retirouse. A ver si vos gustan os videos:




jueves, 28 de octubre de 2010

2ª Clase (23/10/2010)

Un dos contidos desta nova clase foi o gancho ou uppercut. En relación a este golpe deixovos 2 videos, un de aprendizaxe, onde se ve detidamente como se realiza. Fixadevos como é o xiro do pé e o corpo. O 2º video é sobre o mítico Mike tyson, un boxeador de forza e potencia ó que se lle daba bastante ben a execución deste golpe. O video é algo aburrido pola música e tal, pero saen algunhas imaxes de uppercuts bastante boas.






viernes, 22 de octubre de 2010

1ª Clase (Sábado 16/10/10)

Nesta primeira clase, ademáis dunha pequena presentación, comezamos os contidos con desprazamentos e golpes directos en Kick-boxing.
En referencia a esta clase, deixovos 2 videos de Rob Kaman, mítico loitador e campión do mundo en Kick-boxing varias veces. O primeiro trata o tema dos desprazamentos e os golpes, o segundo e unha recopilación das suas mellores victorias, onde poderedes entender porque en 112 combates tan so perdeu 11. A ver que vos parece:










Comezo do curso.

Boas a todos! Este é o espazo das clases de iniciación ó Kick-boxing no concello de Cerceda. Aquí poderedes atopar videos, información, cursos, veladas... Semana a semana iremos poñendo videos relacionados cos contidos que vaiamos dando nas clases. Sen mais, espero que vos guste e vos sirva de axuda.

Un saúdo.